materiais diversos para aprender e normalizar o emprego da lingua galega
xosé anxo seoane cao

  • Ningún idioma alleo -por ilustre que sexa- poderá expresar en nome do noso os íntimos sentimentos, as fondas dores e as perdurables esperanzas do pobo galego; se aínda somos diferentes e capaces de existir, non é máis que por obra e gracia do idioma». 
  • A.D.M. RODRÍGUEZ CASTELAO, Sempre en Galiza, 1944.

No ceo, azul crarísimo;
no chan, verdor intenso;
no fondo da alma miña,
todo sombriso e negro.
¡Qué alegre romaría!
¡Qué risas e contentos!
I os meus ollos en tanto
de bágoas están cheos.
Cubertos de verdura,
brillan os campos frescos,
mentras que a fel amarga
rebosa no meu peito. 

O 30 de setembro de 1906 inaugurase oficialmente, no salón da coruñesa Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns, a Real Academia Galega, que xa fora constituída o 4 de setembro de 1905. En Cuba  naceu, en 1905, a Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega. 

A comezos do século XX, Castelao fixo unha proposta para o escudo de Galicia, na que incorporaba a frase "Denantes mortos que escravos" (utilizada polos polos membros do Terzo dos Galegos de Bos Aires cando se enfrontaron ás tropas inglesas en 1806).