A chave das noces; Xabier P. Docampo
O ascensor baixaba até a garaxe. Cando parou, Mauro empurrou a porta e foi-se botar fora, mais un forte golpe en pleno rostro mandou-no outra vez para dentro do camarín até chocar fortemente coas costas na parede metálica do fondo. A intensa dor fíxo-lle fechar os ollos e inmediatamente notou que alguén o tomaba polos colares e o arrastaba cara...