HISTORIA DA LINGUA

breve percorrido

Esquema básico da historia da lingua galega


PROCESO DE FORMACIÓN 

           1. O SUBSTRATO (linguas pre-latinas)

                      1.1. PRE-INDOEUROPEO (Idade de Pedra):  Orixe caucásica, orixe euroafricana ou mediterránea e orixe incerta.

                      1.2. INDOEUROPEO (800 a. de C.): Os celtas (toponimia e vocabulario común, evolución fonética...)

            2. O ESTRATO (O latín.  A mediados do século II a. de C. Roma comeza a súa expansión)

                              139 a. de C. Décimo Xunio Bruto ("río do esquecemento")

                      29-19 a.de C. Octavio Augusto ("monte Medulio")

                      60 a. de C. Xulio César ("sometemento de Gallaecia")

                    Romanización de Gallaecia e introdución do latín no noroeste peninsular:

                   * estrutura administrativa: Os conventus

                   * asentamento de colonos romanos: as villae e as técnicas agrícolas.

                   * os campamentos militares.

                   * as vías de comunicación.

                   * as explotacións mineiras.

                   * a substitución lingüística e o prestixio do latín como lingua de cultura.

                   Cara ao século VI complétase a substitución lingüística desaparecendo todas as linguas pre-                    -latinas.

           3. O SUPERESTRATO (linguas posteriores)

                    As invasións xermánicas a partir do século V: suevos, vándalos e visigodos. Influenzas no                                léxico, na  onomástica e na toponimia.

                    No 711 os árabes. Constitúense os diferentes romances hispánicos.

Deste xeito, o latín chegado á Gallaecia e desenvolvido neste territorio tiña uns trazos singulares que o diferenciaban das outras variantes hispánicas. Desaparecidos os elementos unificadores, dáse o nacemento de diversas linguas románicas e, entre elas, o galego. O noso idioma existe como tal a partir do século VIII aínda que ata o século XII non temos ningún documento escrito.


HISTORIA DA LINGUA

SÉCULOS XII A XV: O GALEGO LINGUA DA LÍRICA PENINSULAR

A partir do século XII o galego converteuse na lingua lírica por excelencia. A lírica amorosa, relixiosa, satírica... Os grandes temas da prosa medieval... O galego era a lingua oral e escrita de todas as capas sociais.

Na segunda metade do século XIV a situación da lingua galega muda radicalmente e vaise iniciar unha situación de conflito que dura ata agora. O castelán vai ser o referente para os estamentos que queren medrar socialmente. Pérdese a unidade lingüística e cultural con Portugal.

SÉCULOS ESCUROS: A MARXINACIÓN DO IDIOMA GALEGO

Entre os séculos XVI-XVIII o galego sofre unha etapa de fortísima deturpación na que, malia que o galego segue a ser a lingua oral habitual de case a totalidade da poboación, carecemos de literatura culta escrita na nosa lingua. Iníciase a diglosia, a progresiva fragmentación dialectal do idioma, a ruralización e castelanización do léxico, a castelanización da onomástica e a aparición dun sentimento de auto-desprezo ou auto-odio que se traduciu na minusvalorización do propio en favor do alleo e na interiorización dun sentimento de inferioridade.

O SÉCULO XVIII: OS ILUSTRADOS E O ESPERTAR DA CONCIENCIA IDIOMÁTICA

Algunhas figuras ilustradas galegas (o Padre Feixóo, o Padre Sarmiento e o Padre Sobreira) van defender a lingua galega e reclaman a súa introduución na escola e na igrexa e reivindican o seu uso escrito.

O SÉCULO XIX

O galego comeza a ser lingua escrita ("Proezas de Galicia" 1810).

O Provincialismo (1840-1864) reivindica a unidade de Galicia e salienta o seu carácter diferencial con base na súa historia e na súa cultura.

Co nome de Precursores denominamos a aqueles autores que publican en galego antes da aparición de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro no ano 1863.

O Rexionalismo (1886), que cadra coa aparición do Rexurdimento Literario, fai do galego a súa bandeira para as súas reivindicacións.

Aparecen as primeiras gramáticas e dicionarios e tamén os primeiros xornais ("O Tío Marcos da Portela" 1876).

A finais do século XIX o retroceso progresivo do galego en determinados medios sociais e xeográficos fai temer pola súa supervivencia.

O SÉCULO XX 

A historia da lingua galega no século XX reproduce case con exactitude todas as etapas anteriores. 

1900-1936 Prosegue o esforzo restaurador da nosa lingua e cultura

                1906 creación da Real Academia Galega

                1916 As Irmandades da Fala

                1920 A Xeración Nós

                1923 Seminario de Estudos Galegos

                1931 Partido Galeguista

                1936 Estatuto de Autonomía  

1936-1975 Guerra Civil e Franquismo

                1936 A Guerra Civil

               O silencio profundo e a Galicia americana

               Censura, represión e castelanización.

               1950 Editorial Galaxia

               1960 partidos clandestinos de ideoloxía nacionalista

               1970 o galego na universidade

               1975 morte de Franco

1975 - aos nosos días 

               1978 Constitución Española

              1981 Estatuto de Autonomía de Galicia

              1982 Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

              1983 Lei de normalización lingüística

              Normalización e Normativización Lingüística

             Lingua e sociedade: conflito lingüístico 

Malia a acción normalizadora e dos usos rituais e institucionais do galego, os avances no uso social do galego non son tan notorios, nin sequera no detemento do proceso de substitución lingüística que se vén dando en Galicia nas últimas décadas.

Nestes últimos 100 anos reproducimos 800 anos de historia da nosa lingua. Analizando a situación da lingua galega na actualidade, se ti non lle pos remedio, BOTA CONTAS PARA SABERES O QUE NOS DEPARA O FUTURO INMEDIATO.


HISTORIA DA LINGUA GALEGA


Documento que recolle as diversas pantallas da presentación en PowerPoint

O HOME DO TEMPO

Historia da lingua galega en banda deseñada. 

Alexandre Marín, Fene 1994.

TEMAS RESUMIDOS DE HISTORIA DA LINGUA DO SÉCULO XX

Ao longo do século XX foise consolidando o proceso de normalización da lingua galega ao acceder a novos ámbitos de uso que ata ese momento lle estaban vedados: ensaio, narrativa, actos públicos, ensino, administración pública, correspondencia privada... En termos xerais, a consideración pública acerca do galego foi mellorando pouco a pouco ata acadar nestes últimos anos o recoñecemento oficial como lingua propia de Galicia. Con todo, existen notables diferenzas no transcorrer do século XX e na actualidade os datos de galegofalantes monolingües en galego e as porcentaxes do seu uso en termos absolutos determinan, cando menos, unha certa preocupación en canto á supervivencia da nosa lingua.

GALEGOdaestación, Blog de Xosé Anxo Seoane Cao, profesor do IES Isaac Díaz Pardo de Sada (A Coruña).
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar