Ruído de motos; Kiko Nieves

04.04.2020

As cidades están cheas de xente.

Non podes seguir a túa liña.

Tropezas, estórbante, písanche.

E os coches. E o lixo.

As cidades están cheas de merda.

Gústame o cheiro das rúas

o primeiro día de choiva

logo do verán.

Ás portas do mencer.

Cando a merda está ás escuras.

Ou durmindo.



Os mellores momentos das ciudades

-que son poucos, cativos-

sempre son fodidos

polo ruído das motos.

É unha opinión xeneralizada.

No paseo nocturno

pola zona vella

ou na soidade da habitación

sempre aparece.

O ruído das motos.

As unllas contra o cemento.



A cidade enxendra violencia.

Seino.

Vou polas rúas matando xente.

Ao chou.

A ti que me miras.

Ao vello da boina.

Á señora do carriño.

Ao cativo que chora.

O municipal. O taxista.

O da moto das pizzas.

O da moto das pizzas

dúas veces.

Son un asasino en serie.

Executivos, vellas, vendedores da ONCE,

policías, curas.

Non teño piedade.

Todos mortos.

Mais non o saben.

A cidade.

GALEGOdaestación, Blog de Xosé Anxo Seoane Cao, profesor do IES Isaac Díaz Pardo de Sada (A Coruña).
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar