Que tarde tanto; Iolanda Castaño
31.03.2020

Que tarde tanto
"Deixa que se alongue esta inquedanza de agora.
Que tarde, que tarde tanto
a patria deste
movimento da sevidume do pan.
Eu acaramelábame fechada nunha urna
pero non lazaba nunca a miseria dunha carencia.
Deixa que deite
unha présa lentísima
e que o desexo sexa
inmobilización da urxencia."