Derrotas domésticas; Marilar Alexandre
![](https://dbedcd692c.cbaul-cdnwnd.com/2a6fa7b56b878d2db0c3d93ec56d44b5/200000530-eb682eb684/marilar.jpg?ph=dbedcd692c)
derrotas domésticas
debeu
ser moi difícil
degolar as anguías
sen cortar os dedos
arrandearte para que non te cubrisen
as escamas do ollomol
liscar do nó corredío das sabas
nas noites opacas
que batallas contra os garavanzos
medrando disformes na auga que
absurda tarefa
escoller lentellas de arroz
que impotencia cando o leite fervido vai por fóra inevitablemente
e se o batifundo das tixolas
non che deixaba oír a música
se o teu francés e alemán
eran inútiles contra a graxa nos fogóns
se os tubos de agua berran como nenos
ou gaivotas e as patacas se pegan
no fondo da tarteira
nai ¿como é que estás sorrindo nas fotos?
Marilar Alexandre; Catálogo de velenos