DOUS RETRATOS INÉDITOS DA AUTORÍA DE ISAAC DÍAZ PARDO

24.03.2020

Nada máis iniciarse a guerra civil (1936) Camilo Díaz Baliño, pai de Isaac Díaz Pardo, foi detido e preso no cárcere de Santiago de Compostela xunto con outros personaxes destacados como Ánxel Casal. O mozo Isaac, xunto coa súa nai Antonia e a súa irmá Mercedes, refuxiáronse na Coruña. Isaac na casa que o seu tío paterno Indalecio tiña na praza de Pontevedra. Neste tempo, Isaac Díaz Pardo (16 anos), cando a situación estaba máis calmada e antes de marchar a estudar á Academia de San Fernando en Madrid, traballou de rotulista nunha fábrica de pinturas industriais da Coruña.

Foi nesa época coruñesa (1936-1939) e nesas circunstancias cando coñeceu a Eduardo Faraldo Alfonso, amigo e traballador tamén da fábrica de pinturas. Isaac fíxolle dous retratos: un a lapis e outro a acuarela. Ambos os dous reproducen a Eduardo no tempo en que este cumpría coas súas obrigas do servizo militar no Hospital Militar da Coruña, rebaixado do servizo de armas.

GALEGOdaestación, Blog de Xosé Anxo Seoane Cao, profesor do IES Isaac Díaz Pardo de Sada (A Coruña).
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar