As ratas; Luís Seoane

28.03.2020

Na Galiza, ise vello pobo,

carballo carcomido de raios e bestigos,

loita, dende fai séculos,

o home cas ratas.

Coma nos castelos abandoados,

onde xa caíron traves e brasós,

escóitanse queixumes de gonzos ferruxentos.

Dende fai séculos loitan en Galiza

os homes cas ratas.

Vencendo sempre as ratas.

Ate que toda ela fique,

coma ises castelos roiñentos

e os mosteiros sin altares

nin lembranzas de ritos,

sendo soio rondada de morcegos

e pantasmas.

Coberta de edra, de Iabel.

Morándoa soio as ratas.

Somente as ratas.

Seoane, Luís (1990), Poesía completa, 2. As cicatrices. A maior abondamento (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

GALEGOdaestación, Blog de Xosé Anxo Seoane Cao, profesor do IES Isaac Díaz Pardo de Sada (A Coruña).
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar