Anxos con patíns brancos na praza de O Grove; Luz Pozo Garza

04.04.2020

ANXOS CON PATÍNS BRANCOS NA PRAZA DE O GROVE

Andei as rúas doutros anos na vila mariñeira

Os vieiros que circunvalan espacios misteriosos


Meditei na ponte veneciana

No camiño iniciático

que leva á illa do tesouro

inda por descubrir


Por debaixo pasaban as ondas coma a vida

musitaban as aves as puras letanías

dunha levitación non aprendida


En procura de ti

xurdía a cegadora presencia da Lanzada

en liñas sinuosas que se ofrecen intactas

coma unha harpa

que fire o corazón de emoción sideral

Mística


Soaban as palabras de amor e mais a morte

Non aprendín aínda a escoitalas sen pranto?


pero ninguén me viu chorar

agás dúas meniñas na praza do concello

cando lía eu a prensa

na apoiatura dun bloque de granito tallado:


Viñeron xunta min

Con patíns brancos

Con palabras purísimas de rula

Con ollos de solsticio

Con esguince de arcanxos

Con azas a porfía?


Un Anxo iniciativo. Outro moderador


Preguntáronme o nome

Preguntáronme a tabla de multiplicar

Os ríos de España

As fontes de enerxía


(Non sei se me aprobaron)


Dixéronme que viñan onda min porque me vían igual ca/

rula solitaria: ?si no es la tortolica que está

viuda y con dolor?


Non sabían os anxos

que estou aprendendo a vivir?

(De Prometo a flor de loto)

GALEGOdaestación, Blog de Xosé Anxo Seoane Cao, profesor do IES Isaac Díaz Pardo de Sada (A Coruña).
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar