17 de maio, Día das Letras Galegas

O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das Letras Galegas, argumentando que a dita obra "foi a primeira obra mestra coa que contou a literatura galega contemporánea; a súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria e representou un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".
O 28 de abril do mesmo ano, en Xunta ordinaria, a Academia resolveu, por unanimidade, aprobar esta proposta e declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano. Tratándose, xa que logo, do centenario da súa obra, foi Rosalía de Castro a primeira homenaxeada á que continuarían, desde esa data e sen interrupción, outras moitas figuras senlleiras da nosa cultura, elixidas en Xunta Ordinaria pola Academia, como se recolle nos seus Estatutos:
Na primeira reunión despois do Día das Letras Galegas, o Plenario da RAG escollerá o persoeiro a quen se lle dedicará esa conmemoración no ano vindeiro. A figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe. En calquera caso deben pasar dez anos entre a súa morte e a designación para ese día. As propostas, razoadas e asinadas por un mínimo de tres académicos, deberán incluírse na convocatoria do Plenario correspondente.
RELACIÓN DE HOMENAXEADOS:
Ricardo Carvalho Calero 2020
Antón Fraguas e Fraguas 2019
María Victoria Moreno 2018
Carlos Casares Mouriño 2017
Manuel María Fernández Teixeiro (Manuel María) 2016
Xosé Fernando Filgueira Valverde 2015
Xosé María Díaz Castro 2014
Roberto Vidal Bolaño 2013
Valentín Paz Andrade 2012
Lois Pereiro 2011
Uxío Novoneyra 2010
Ramón Piñeiro López 2009
Xosé María Álvarez Blázquez 2008
María Mariño Carou 2007
Manuel Lugrís Freire 2006

Antón Avilés de Taramancos 2003
Frei Martín Sarmiento 2002
Eladio Rodríguez González 2001
Manuel Murguía 2000
Roberto Blanco Torres 1999
Martín Códax, Johán de Cangas e Meendinho 1998
Ánxel Fole 1997
Xesús Ferro Couselo 1996
Rafael Dieste González 1995
Luís Seoane 1994
Eduardo Blanco-Amor 1993
Fermín Bouza-Brey 1992
Álvaro Cunqueiro Mora 1991

Luis Pimentel 1990
Celso Emilio Ferreiro 1989
Ramón Otero Pedrayo 1988
Francisca Herrero Garrido 1987
Aquilino Iglesia Alvariño 1986
Antón Losada Diéguez 1985
Armando Cotarelo Valledor 1984
Manuel Leiras Pulpeiro 1983
Luís Amado Carballo 1982
Vicente Martínez Risco 1981
Alfonso X "O Sabio" 1980
Manuel Antonio Pérez 1979
Antonio López Ferreiro 1978
Antón Vilar Ponte 1977
Ramón Cabanillas Enríquez 1976

Xoan Manuel Pintos Villar 1975
Xoan Vicente Viqueira Cortón 1974
Manuel Lago González 1973
Valentín Lamas Carvajal 1972
Gonzalo López Abente 1971
Marcial Valladares Núñez 1970
Antonio Noriega Varela 1969
Florentino López Cuevillas 1968
Manuel Curros Enríquez 1967
Francisco Añón Paz 1966
Eduardo Pondal Abente 1965
Afonso Daniel Rodríguez Castelao 1964
Rosalía de Castro 1963