ARTIGOS

A perda do modelo tradicional de transmisión de coñecementos, isto é, de xeración a xeración a través da palabra e da experiencia directa, é cada vez máis evidente. Xa non escoitamos os nosos maiores. E un pobo que non escoita, que non asenta os seus pés nas súas raíces, na súa tradición (para engrandecerse e progresar), perde todo aquilo...

LUÍS PIMENTEL

28.03.2020

Luís Benigno Vázquez Fernández (LUÍS PIMENTEL) naceu en Lugo o 18 de decembro de 1895 e morreu na mesma cidade o 13 de febreiro de 1958. A súa obra, encadrada nas vangardas e marcada por un clima de intimidade, sintetiza diversas correntes, especialmente o impresionismo e o simbolismo.

Os xogos florais instaurados na antiga Roma (Ludi Floreales) dedicados á deusa Flora tiñan un carácter erótico e sensual. Pouco teñen que ver cos xogos florais instituídos posteriormente en 1324 na cidade de Toulouse (Francia), rexistrados en lingua provenzal. A través dunha carta circular convocábase a todos os trobadores ou poetas a que...

O Modernismo foi unha corrente de renovación artística que se desenvolveu nos distintos países europeos a finais do século XIX e principios do XX. Pretendía crear unha nova estética que rachase cos estilos de moda precedentes. Esperta o gusto polo estético e o decorativo e busca a arte como única finalidade.

Oxalá non sexa este o último artigo dunha sección (LEMBRANZAS) na que pretendo recordar e reflexionar sobre certos acontecementos significativos para min, tamén para a miña xeración, e que difiren un pouco das circunstancias que rodean a vida cotiá na que se desenvolven os mozos, e as mozas de agora.

O debate feminista galego de finais do século XIX ten parada obrigada no certame que se convocaba Ourense en homenaxe a Feijoo. Se a primeira edición quedou asombrada pola polémica sobre a autora premiada (concorreron Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán, que foi a controvertida gañadora), na edición do 10 de setembro de 1887 non houbo lugar á...

Nada máis iniciarse a guerra civil (1936) Camilo Díaz Baliño, pai de Isaac Díaz Pardo, foi detido e preso no cárcere de Santiago de Compostela xunto con outros personaxes destacados como Ánxel Casal. O mozo Isaac, xunto coa súa nai Antonia e a súa irmá Mercedes, refuxiáronse na Coruña. Isaac na casa que o seu tío paterno Indalecio tiña na...

No ano 2004 iniciei un estudo sobre o cemiterio de San Amaro, na Coruña, para elaborar unha unidade didáctica de aproveitamento para os meus alumnos de secundaria na materia de Lingua Galega e Literatura. Consideraba -e considero- que os cemiterios son moito máis que as cidades dos mortos, que podemos aprender moitas cousas nos camposantos.

GALEGOdaestación, Blog de Xosé Anxo Seoane Cao, profesor do IES Isaac Díaz Pardo de Sada (A Coruña).
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar